DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 5 de decembro de 2024 Páx. 64243

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 19 de novembro de 2024, de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola de varias parcelas no concello de Sober.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 de decembro (BOE do 6 de decembro), faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, o Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 19 de novembro de 2024, o cambio de actividade de forestal a agrícola de varias parcelas do polígono 31 na parroquia de Doade no termo municipal de Sober.

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 5 de xullo de 2024 e modificado parcialmente o 8 de novembro de 2024.

Lugo, 20 de novembro de 2024

María Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo