O Consello de Administración de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. acordou, na súa reunión do 18 de setembro de 2024, autorizar a creación do novo posto de vicexerente de solo empresarial de Xestur, S.A. e aprobar o correspondente prego de bases para a súa selección.
Así mesmo, o Consello de Administración de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. acordou, na súa reunión do 18 de novembro 2024, o cambio de denominación do posto de vicexerente de solo empresarial a xerente de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.
En virtude do exposto, acórdase:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura do posto de xerente de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.
Segundo. Anunciar que as bases polas que se rexerá o proceso de selección serán publicadas na páxina web www.xesturgalicia.com
O prazo para a presentación de solicitudes rematará transcorridos (10) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
As proposicións presentaranse a partir do día seguinte á data da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia de calquera das seguintes formas:
A través do Rexistro de Xestur Galicia, ou nas oficinas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común. Neste caso deberán remitirse por fax ao seguinte número: 981 54 19 85 (ou, de ser o caso, correo electrónico a xestur@xesturgalicia.com), e antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, a solicitude rexistrada e a relación individualizada dos méritos que se aleguen.
Para estes efectos, a hora de peche do Rexistro será as 14.00 horas. De coincidir en sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata o día hábil seguinte.
Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2024
Margarita Ardao Rodríguez
Presidenta do Consello de Administración de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.
