Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 (DOG núm. 121, do 27 de xuño), e verificada a concorrencia dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria, esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia e nas bases da convocatoria do proceso selectivo,
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, a seis persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 (DOG núm. 121, do 27 de xuño) e que figuran no anexo ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destino provisional o mesmo posto asignado no seu nomeamento como persoal funcionario en prácticas, pola Resolución do 14 de outubro de 2024 (DOG núm. 205, do 23 de outubro), segundo o disposto nas bases V.5 e V.6 da convocatoria, e que figuran no mesmo anexo.
Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que a persoa aspirante estea en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
Nomeamento de persoal funcionario de carreira no corpo auxiliar da Administración xeral
da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2
|
Núm. |
NIF |
Apelidos e nome |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgrupo |
Nivel |
Observ. |
|
115 |
***3850** |
Varela Ordoñez, Ana |
PSC991000015001121 |
Posto base subgrupo C2 |
PS |
Xefatura Territorial A Coruña |
Servizos periféricos |
A Coruña |
C2 |
12 |
|
|
116 |
***1993** |
Dos Reis Varela, María del Pilar |
PSC991000015001101 |
Posto base subgrupo C2 |
PS |
Xefatura Territorial A Coruña |
Servizos periféricos |
A Coruña |
C2 |
12 |
|
|
117 |
***8360** |
Sobrado Eiras, Ladislao |
PSC991000015001074 |
Posto base subgrupo C2 |
PS |
Xefatura Territorial A Coruña |
Servizos periféricos |
A Coruña |
C2 |
12 |
|
|
118 |
***6017** |
Vázquez Diz, Alba |
PSC991000015001075 |
Posto base subgrupo C2 |
PS |
Xefatura Territorial A Coruña |
Servizos periféricos |
A Coruña |
C2 |
12 |
|
|
119 |
***3245** |
Alonso Alonso, Adrián |
PSC991000015001092 |
Posto base subgrupo C2 |
PS |
Xefatura Territorial A Coruña |
Servizos periféricos |
A Coruña |
C2 |
12 |
|
|
120 |
***2716** |
Prego Prado, Yago |
PSC991000015001098 |
Posto base subgrupo C2 |
PS |
Xefatura Territorial A Coruña |
Servizos periféricos |
A Coruña |
C2 |
12 |
