DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 5 de decembro de 2024 Páx. 64364

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 27 de setembro de 2024 de notificación do procedimiento de orde de execución relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.

Ao non ser posible efectuar a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto que se notifica

Referencia catastral

Polígono/parcela

Localización

Interesado

Persoa responsable

Orde de execución

(Exp. 1511-2024)

Resolución de inicio O.E. do 5.9.2024

36043A018002440000JG (Polígono 18-Parcela 244)

Vilarchán

Ponte Caldelas

En investigación

Orde de execución

(Exp. 1629-2024)

Resolución de inicio O.E. do 26.8.2024

36043A012016610000JX

(Polígono 12-Parcela 1661)

Cuñas

Ponte Caldelas

María Expósito Baqueiro

Orde de execución

(Exp. 1817-2024)

Resolución de inicio O.E. do 6.9.2024

36043A050002550000JL - 36043A050002550001KB

(Polígono 50-Parcela 255)

Baltar

Ponte Caldelas

En investigación

Orde de execución

(Exp. 1631-2024)

Resolución de inicio O.E. do 13.9.2024

36043A012016630000JJ

(Polígono 12-Parcela 1663)

Cuñas

Ponte Caldelas

En investigación

Orde de execución

(Exp. 1344-2023)

Resolución de inicio O.E. do 18.9.2024

36043A044014130000JH

(Polígono 44-Parcela 1413)

Silvoso

Ponte Caldelas

Dolores Aurea Lorenzo Vilariño

Orde de execución

(Exp. 169-2022)

Resolución de inicio O.E. do 26.9.2024

36043A044006310000JS

(Polígono 44-Parcela 631)

Silvoso

Ponte Caldelas

Dolores Aurea Lorenzo Vilariño

Orde de execución

(Exp. 1602-2023)

Resolución de inicio O.E. do 26.9.2024

36043A043002420000JU

(Polígono 43-Parcela 242)

A Insua

Ponte Caldelas

María Dolores Torea Fernández

En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, polo que se lle comunica que tanto a notificación como o expediente está á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se pudiese determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria no caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa e repercutirán os custos ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Ponte Caldelas, 27 de setembro de 2024

Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente