DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 5 de decembro de 2024 Páx. 64203

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 29 de novembro de 2024 polo que se dá publicidade á resolución reitoral da mesma data pola que se convocan, para a elección de destinos, os aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas resolucións do 1 de decembro de 2022.

Mediante as resolucións da Universidade de Vigo do 1 de decembro de 2022, publicadas no DOG do 16 de decembro, convocáronse os seguintes procesos selectivos:

– Acceso libre e promoción interna, polo sistema selectivo de concurso, para o ingreso en diferentes escalas e subescalas para a estabilización de emprego temporal do persoal de administración e servizos.

– Acceso libre e promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diferentes escalas e subescalas de persoal de administración e servizos.

A representación do persoal e a Xerencia asinaron un acordo sobre a execución dos procesos de selección e provisión, ao abeiro da normativa de estabilización, convocados pola Universidade de Vigo en decembro de 2022.

Vistas as resolucións do 22 de novembro de 2023, modificadas pola Resolución do 11 de novembro de 2024, e do 29 de novembro de 2023, polas que se puxo fin aos procesos selectivos convocados mediante a Resolución do 1 de decembro de 2022 pola que se convocou o proceso selectivo de concurso para o ingreso en diferentes escalas e subescalas.

Vistas as resolucións do 4 de abril de 2024, 29 de maio de 2024, 7 de xuño de 2024, 10 de xuño de 2024, 24 de xullo de 2024 e 26 de xullo de 2024 polas que se puxo fin aos procesos selectivos convocados por concurso-oposición para o ingreso en diferentes escalas e subescalas para a estabilización de emprego temporal do persoal de administración e servizos.

Unha vez rematados ambos os procesos selectivos, agás o relativo á escala técnica especialista de tecnoloxías da información e comunicación, subescala informática, por concurso-oposición, acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria por parte das persoas aspirantes e coa finalidade de adxudicarlles destinos, convócanse os aspirantes que superaron os procesos selectivos antes citados para o acto de elección de destino, o día 12 de decembro de 2024, no paraninfo da Universidade, Edificio Ernestina Otero, planta baixa, sito no campus das Lagoas-Marcosende, Vigo.

Publicarase no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-index.xhtml a relación de persoas aspirantes e o horario, así como os postos ofertados.

Vigo, 29 de novembro de 2024

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo