En sesión que tivo lugar o 27 de novembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de outubro de 2024 (DOG núm. 210, do 30 de outubro), e modificado pola Resolución do 12 de novembro de 2024 (DOG núm. 223, do 19 de novembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 14 de decembro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no pavillón 2 da Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda.
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2024
Eva Fachado Rubio
Presidenta do tribunal
