Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 29.7.2024 polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2233 do Coeticor, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Enderezo: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: LMTS, CTC e RBT no Camiño de San Gregorio e Camiño da Noria.
Situación: lugar de Verín, concello de Verín.
Orzamento: 145.724,46 €.
Características técnicas:
• Desmontaxe do CT á intemperie ponte Melo-32ALL9 e do tramo da LMT VII805 entre o apoio núm. D1 e o apoio núm. D1-1 que tamén se desmonta.
• LMTS, a 20 kV, de 28 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2 OL-12/20 kV 3×(1×240) mm² Al, coa orixe e final nos empalmes que se van realizar no condutor existente da LMTS VII805, no tramo entre a subestación Verín II e o apoio núm. D1, despois de realizar entrada-saída no centro de transformación núm.1 proxectado.
• Centro de transformación núm.1, situado no Camiño da Noria, do tipo prefabricado compacto de manobra exterior, 2L+1P, con transformador de 250 kVAs e r/t 20.000/400 V.
• LMTS, a 20 kV, de 30 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2 OL-12/20 kV 3×(1×240) mm² Al, coa orixe e final nos empalmes que se van realizar no condutor existente da LMTS VII805, no tramo entre os apoios núm. D3 e D4, despois de realizar entrada-saída no centro de transformación núm. 2 proxectado.
• Centro de transformación núm. 2, situado no Camiño de San Gregorio, do tipo prefabricado compacto de manobra exterior, 2L+1P, con transformador de 250 kVAs e r/t 20.000/400 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), este departamento territorial
RESOLVE:
Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Ourense,13 de novembro de 2024
A directora territorial de Ourense
P.S. (Decreto 140/2024, artigo 40.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Industria
