DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2024 Páx. 64787

IV. Oposicións e concursos

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso de elaboración das listas para a contratación temporal de persoal docente do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), derivado da Resolución do 1 de agosto de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 156, do 13 de agosto), pola que se aproba e se fai pública a baremación de méritos provisional dos postos de profesor/a de Teoría de servizos, profesor/a de Prácticas de servizos e profesor/a de Hixiene, dietética e nutrición.

En sesión que tivo lugar o 2 de decembro de 2024, o tribunal, nomeado pola Resolución do 12 de novembro de 2024 (DOG núm. 221, do 15 de novembro), para cualificar o proceso de elaboración das listas para a contratación de persoal docente do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Aprobar e facer pública a baremación de méritos provisional dos postos de profesor/a de Teoría de servizos, profesor/a de prácticas de Servizos e profesor/a de Hixiene, dietética e nutrición, que poderá consultarse no portal web corporativo da Axencia de Turismo de Galicia: https://www.turismo.gal/espazo-institucional

De conformidade co disposto nas bases reguladoras da convocatoria, cláusula décimo primeira, establécese un prazo de dez (10) días, desde a publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a presentación de alegacións. Neste período de emenda soamente pode rectificarse a documentación achegada, sen que se poida achegar nova documentación.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2024

Nuria Sánchez Vázquez
Presidenta do tribunal