DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2024 Páx. 64805

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 20 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica o requirimento de documentación ditado no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2024/00248).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas identificadas no anexo o requirimento de documentación ditado no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.

O requirimento foi ditado pola encargada do Rexistro de Parellas de Feito da provincia de Lugo, cuxo texto íntegro, así como o seu expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O prazo de que dispoñen as persoas solicitantes para achegar a documentación requirida é de dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, teráselles por desistidos da súa solicitude, polo que se ditará resolución de arquivamento desta.

Lugo, 20 de novembro de 2024

Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo

ANEXO

Número de expediente

Pasaporte

Acto notificado

LU-2024/00248

237714540

GG478082

Requirimento de documentación