De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a este departamento territorial, intentada a notificación do requirimento de documentación ditado no procedemento de revisión no último domicilio da persoa interesada citada no anexo sen que esta se puidese efectuar por causa non imputable á Administración, a través deste anuncio emprázase para ser notificada do dito acto administrativo.
Así, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderá comparecer para ter coñecemento do contido íntegro do referido acto e do seu expediente e advírteselle que, de non o facer, se considerará efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
A persoa interesada poderá comparecer persoal ou debidamente representada no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Advírteselle que, transcorrido o prazo que se indique no requirimento, contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, sen ter presentado a documentación, continuará a tramitación do expediente sen prexuízo da adopción das medidas que procedan, de conformidade co disposto no artigo 43 e seguintes da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.
A Coruña, 15 de novembro de 2024
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Procedemento BS626F
|
Nº de expediente |
DNI/NIE |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
15030036622R |
60298134T |
Requirimento de documentación |
11.10.2024 |
