DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2024 Páx. 64826

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 15 de novembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción, e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Padrón (expediente IN407A 2024/202-1).

Expediente: IN407A 2024/202-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMT PAD-809 apoio A25G1ODK//38.

Concello: Padrón.

Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse no lugar Loureiro, no concello de Padrón.

– Substitución de apoios nº A25IA1FL//37 tipo 2xHP-2A-12, por tipo C-4500/12 e nº A25G1ODK//38 tipo 2xHP-2A-12, por tipo C-3000/14 da LMT PAD809 (expediente 26724), procedente da subestación Padrón. Retensado do tramo a 20 kV, condutor LA-110 e Pigeon, existente entre os apoios nº A2658EST//36 e A25D1W8T//39, entre os apoios nº 38 e nº A24NT7JS//38-1, e entre os apoios nº 37 e nº A25R9C32//37-1.

– Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2.10.2015).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2.10.2015).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27.12.2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27.12.2000).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19.3.2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17.12.1954).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20.6.1957).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17.12.1954).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Dirección Territorial Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderase consultar no Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 15 de novembro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/202-1.

Regulamentación LMT PAD-809 apoio A25G1ODK//38

Relación de bens e dereitos afectados - concello de Padrón

Predio

proxecto

Persoa

propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección de solo

pleno dominio

Afección de solo por

servidume de paso

de enerxía eléctrica

Natureza

do terreo

Apoio núm./Centro de transformación

Superficie

(m2)

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

José García Trazar

15066B506010760000FG

Loureiro

Apoio nº 37 e 38

4.0

Rústico

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m².

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2 .