DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2024 Páx. 64707

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se dá publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 29 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT104B) (Diario Oficial de Galicia número 92, do 13 de maio).

O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade de publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas, con indicación da convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputan, beneficiario/a, cantidade concedida e finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de abril de 2024 (DOG núm. 92, do 13 de maio), pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se convocan para o ano 2024, con cargo ás aplicacións orzamentarias 43.04.433A.770.0 e 43.04.433A.781.2, segundo o anexo I desta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2024

María del Carmen Martínez Insua
Directora xeral do Patrimonio Cultural

ANEXO I

Aplicación

Nome

Actuación

Subvención

43.04.433A.781.2

Ignacio Vicente Reigada Cordido

Sondaxes arqueolóxicas previas á rehabilitación do Edificio da rúa Real, 60 (A Coruña)

589,88 €

43.04.433A.781.2

Jesús Casanova Fernández

Sondaxes arqueolóxicas manuais na praza do Peñasco, 3 (Vigo, Pontevedra)

936,42 €

43.04.433A.781.2

Leticia Paz Lamas

Sondaxes manuais e mecánicas para a construción de vivenda unifamiliar na rúa Roupeiro, 30, Matamá (Vigo, Pontevedra)

2.429,08 €

43.04.433A.781.2

Jacobo Martínez Dasilva

Sondaxes mecánicas para a construción dunha vivenda unifamiliar en Ricamonde, Pazos de Reis (Tui, Pontevedra)

819,78 €

43.04.433A.781.2

Patricia Carrera Fernández

Sondaxes arqueolóxicas para a rehabilitación de vivenda no inmoble da rúa Santiago, 23, Zona Vella (Vigo, Pontevedra)

804,88 €

43.04.433A.781.2

Rosalía Villar Rodríguez

Sondaxe arqueolóxica para a instalación de piscina prefabricada de uso privado na rúa Campo da Angustia, 12 (Santiago de Compostela, A Coruña)

960,74 €

43.04.433A.781.2

Lorena Abuín Lorenzo

Sondaxes arqueolóxicas manuais previas á rehabilitación de dúas vivendas na rúa Eduardo Chao, 7 e rúa Caracol, 8 (Vigo, Pontevedra)

1.143,43 €

43.04.433A.781.2

María Teresa Martínez Pazó

Control arqueolóxico das obras de peche da parcela situada na rúa Cesáreo Iglesias, s/n (parcela 359 do polígono 41), en Seixabre, Torroso (Mos, Pontevedra)

540,28 €

43.04.433A.781.2

María Teresa Martínez Pazó

Control arqueolóxico das obras de construción dunha piscina na parcela situada na rúa Cesáreo Iglesias, 2, en Seixabre, Torroso (Mos, Pontevedra)

484,00 €

43.04.433A.781.2

Raquel Núñez López de Vicuña

Control arqueolóxico do proxecto de rehabilitación e construción de vivenda unifamiliar na rúa Sar, 5 (Santiago de Compostela, A Coruña)

1.010,35 €

43.04.433A.781.2

Ana Fernández Barcia

Sondaxes arqueolóxicas para a construción dunha vivenda unifamiliar illada, edificación auxiliar, piscina e peche na rúa Pedra do Meleiro, 33, Monteferro, Panxón (Nigrán, Pontevedra)

995,23 €

43.04.433A.781.2

José López Rodríguez

Control arqueolóxico das actuacións previstas na parcela 168 do polígono 38 en San Cristovo de Cea, na contorna de protección do castro de Piñeiro (San Cristovo de Cea, Ourense)

384,28 €

43.04.433A.781.2

Mónica Otero Canle

Sondaxes mecánicas e control arqueolóxico das obras de rehabilitación do edificio da rúa Costa do Ferrador, 20 (Noia, A Coruña)

320,65 €

43.04.433A.781.2

Víctor Rouco de Prado

Sondaxes arqueolóxicas valorativas vinculadas ás obras de rehabilitación para dúas vivendas unifamiliares na rúa Santo Domingo, 23 (Monforte de Lemos, Lugo)

605,00 €

43.04.433A.781.2

Marcos Amboage López

Control e seguimento arqueolóxico de construción de vivenda e estruturas auxiliares no lugar de Arraial (Tui, Pontevedra)

435,60 €

43.04.433A.781.2

Benito Castro Saborido

Control arqueolóxico dos movementos de terra derivados da implantación de viñedo nas parcelas 86/88/89 do polígono 11, parroquia de Vilariño (Cambados, Pontevedra)

725,40 €

43.04.433A.781.2

Kevin Fernández Almeida

Sondaxe arqueolóxica manual valorativa para a reestruturación de vivenda na esquina da rúa San Lorenzo, 1 (Baiona, Pontevedra)

825,22 €

43.04.433A.781.2

José Manuel Irago Río

Control arqueolóxico das obras de construción dunha vivenda unifamiliar na rúa Pedra do Meleiro, 43 (parcela 64, Monteferro/SAU-1), en Panxón (Nigrán, Pontevedra)

827,58 €

43.04.433A.781.2

Javier Valverde Alonso

Sondaxes arqueolóxicas para a rehabilitación dunha vivenda unifamiliar e construción de piscina na travesía de San Bartolomé, 28 (Tui, Pontevedra)

4.553,91 €

43.04.433A.781.2

Pablo Leguina Maza

Sondaxes arqueolóxicas para a reforma de vivenda unifamiliar no inmoble da rúa Manuel Valverde, 5 (Baiona, Pontevedra)

729,99 €

43.04.433A.781.2

Jorge Romero Alonso

Sondaxes arqueolóxicas previas ás obras de reestruturación dunha vivenda na rúa Porta da Vila, 20 (Baiona, Pontevedra)

1.663,75 €

43.04.433A.781.2

Elías José Feijó Torres

Control arqueolóxico das obras de rehabilitación e ampliación de vivenda unifamiliar na rúa Espírito Santo, 44 (Santiago de Compostela, A Coruña)

1.379,40 €

43.04.433A.781.2

Rubén Dopazo Pereira

Control arqueolóxico da legalización de estrutura existente e remate de vivenda unifamiliar en Porta da Leira, no lugar Sete Espadas, 5 B, San Xurxo de Mogor/San Xián de Marín (Marín, Pontevedra)

819,78 €

43.04.433A.770.0

Sempre en Galiza Real Estate, S.L.U.

Control arqueolóxico das obras de mellora de accesibilidade no edificio de vivendas situado na rúa Quiroga Ballesteros, 13 (Lugo)

1.480,65 €

43.04.433A.770.0

Fundación San Rosendo

Sondaxes arqueolóxicas avaliativas previas ás obras de rehabilitación e ampliación do inmoble da praza de Ourense, 9 (A Coruña)

572,40 €

43.04.433A.770.0

Mera Jabbour, S.L.

Sondaxes arqueolóxicas nos inmobles da rúa Funil, 4, e Méndez Núñez, 7-9, Zona Vella (Vigo, Pontevedra)

719,63 €

43.04.433A.770.0

Lola y Lía y Milán, S.L.

Control arqueolóxico das obras de reforma na acometida na boca de incendios existente no local destinado a restaurante na praza Curros Enríquez, 1 (Pontevedra)

595,93 €

43.04.433A.770.0

Edifa Cabaro, S.L.

Control arqueolóxico para a rehabilitación de edificio na praza da Constitución, 11 (Vigo, Pontevedra)

907,50 €

43.04.433A.770.0

Ganadería Riveiro, S.C.

Control arqueolóxico das obras de ampliación de aloxamento de vacún de leite, foxa de zurro con cuberta, esterqueira e silos forraxeiros, en San Martiño de Ferreiros (Pol, Lugo)

1.223,92 €

43.04.433A.770.0

Comunidade de Propietarios Fonte da Zeta, 5

Control arqueolóxico dos movementos de terra das obras de instalación dun ascensor na rúa Fonte de Zeta, 5 (Baiona, Pontevedra)

559,68 €

43.04.433A.770.0

O Castro Art Village, S.L.

Control e seguimento arqueolóxico na contorna de protección do castro de Mourelos (O Saviñao, Lugo)

625,40 €

43.04.433A.770.0

Comunidade de Montes en Man Común Torneiros-O Porriño

Sondaxes arqueolóxicas mecánicas para a construción dunha residencia de maiores no Noval, Torneiros, 7 B (O Porriño, Pontevedra)

1.256,07 €