DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2024 Páx. 65027

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de novembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Barbeito (Vilasantar-A Coruña), para ser notificado por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase, por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a un propietario da zona de concentración parcelaria de Barbeito (Vilasantar-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Unha vez transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 21 de novembro de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Barbeito (Vilasantar-A Coruña).

DNI

Nº prop.

Acto notificado

76485527Q

117

RDX 31.10.2024