Na sesión que tivo lugar o día 4 de decembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 (DOG núm. 108, do 5 de xuño), modificada pola Resolución do 7 de xuño de 2024 (DOG núm. 114, do 13 de xuño), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,
ACORDOU:
Primeiro. Mediante a Resolución do 23 de outubro de 2024 (DOG núm. 207, do 25 de outubro), este tribunal acordou facer pública a baremación definitiva da fase de concurso da escala auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidade oficial.
Como consecuencia da estimación do recurso de alzada interposto por Carolina Martínez Bermúdez (***3505**), este tribunal acorda modificar a dita resolución con relación á puntuación obtida por esta persoa aspirante.
A puntuación definitiva obtida por esta logo da modificación reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
Cuarto. De acordo co disposto na base IV.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2024
Javier Fraga Vázquez
Presidente do tribunal
