Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio notifícaselle á persoa sinalada no cadro anexo a resolución deste departamento territorial, do 18 de outubro de 2024, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A. e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominado regulamentación LMTA CRN708A (Valdoviño)-apoios AQBEN6CL//146 e AQA)0OJ8//147, no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2022/183-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 21 de novembro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Regulamentación LMTA CRN708A (Valdoviño)-apoios AQBEN6CL//146 e AQA)0OJ8//147.
Relación de bens e dereitos afectados-concello de Valdoviño-A Coruña.
|
Predio proxecto |
Persoa propietaria/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección de solo pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
Natureza do terreo |
||||
|
Apoio núm. |
Superficie (m2) |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér |
m2 sot |
|||||
|
1 |
Descoñecida/o |
Polígono 502-parcela 439 |
Amedo |
143 |
2.0 |
Labor ou labradío. Secaño. |
||||
|
2 |
Descoñecida/o |
5963705NJ6266S0001HI |
Lg. Taraza |
144 (PAS) |
14.0 |
Urbano. Solo sen edificar |
||||
|
3 |
Descoñecida/o |
Polígono 502-parcela 490 |
Lagoas |
148-X1 (PAS) |
14.0 |
Labor ou labradío. Secaño. |
||||
|
4 |
José González Carneiro |
Polígono 502-parcela 527 |
Vilanova |
149 |
14.0 |
Labor ou labradío. Secaño. |
||||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.
m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.
