Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio convócanse a todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Novo CTI Limeres e substitución do apoio AF22F6C2//83-6-CT da LMT SJG804, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados o representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 21 de novembro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/313-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: novo CTI Limeres e substitución do apoio AF22F6C2//83-6-CT da LMT SJG804.
Concello: Cerdedo-Cotobade.
|
Predio |
Referencia catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
1 |
36011A067000320000JX |
Piñeiras |
Descoñecido |
6 de marzo de 2025 |
12.00 |
