De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación e/ou descoñecido o domicilio dos titulares, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o trámite de audiencia efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra Variante de Ribeira, treito I, clave AC/18/074.01.1, no concello de Ribeira.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Coruña da Axencia Galega de Infraestruturas, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
A Coruña, 22 de novembro de 2024
Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña
ANEXO
|
Clave da obra |
Predio |
Referencia catastral |
Persoa interesada |
|
AC/18/074.01.1 |
132 |
15074A00800243 |
Juan Prego Santo |
|
AC/18/074.01.1 |
134 |
15074A00800375 |
Francisca Cayón |
|
AC/18/074.01.1 |
179, 179-CO |
15074A00800448 |
Cipriana Basoco Parada |
|
AC/18/074.01.1 |
181 |
15074A00800446 |
Herdeiros de Rogelio Alonso |
