Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, encóntrase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
A presente resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impor, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Pontevedra, 22 de novembro de 2024
Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
DNI/NIF/CIF |
Resolución notificada |
|
PR204A 2024/5358-4 |
22532715Y |
Denegatoria |
|
PR204A 2024/6590-4 |
36164408J |
Denegatoria |
|
PR204A 2024/6985-4 |
17463421G |
Denegatoria |
|
PR204A 2024/6986-4 |
17463421G |
Denegatoria |
|
PR204A 2024/6989-4 |
77009148L |
Denegatoria |
|
PR204A 2024/7239-4 |
53114916G |
Denegatoria |
|
PR204A 2024/7997-4 |
35628219T |
Denegatoria |
|
PR204A 2024/8136-4 |
53860796V |
Denegatoria |
