Pola Resolución do 21 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, instalacións eléctricas no concello de Monterrei (expediente IN407A 2024/093-3).
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que no anexo se relacionan para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.
As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, neste Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, na rúa Curros Enríquez núm. 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 26 de novembro de 2024
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2024/093-3.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: regulamentación LMTA VII810 no tramo entre os apoios núm. 42765 e núm. BVUCQBLL.
Termo municipal: lugar de Vilaza, concello de Monterrei.
Predio núm. en proxecto: 1.
Referencia catastral: 32051B504012840000HG.
Lugar: A Ribeira.
Cultivo: monte baixo.
Titular: María del Carmen Nieto Novoa.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 30-2.
Predio núm. en proxecto: 2.
Referencia catastral: 32051B504015780000HM.
Lugar: A Parediña.
Cultivo: monte baixo.
Titular: Juani Trinidad Loainza Reluz.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 42824.
