Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio convócanse a todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA, LMTS ROS805, CTC Laxes, substitución do apoio 9O3MCHHM//115-1 e ITC, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados o representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 26 de novembro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/157-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMTA, LMTS ROS805, CTC Laxes, substitución do apoio 9O3MCHHM//115-1 e ITC.
Concello: Oia.
|
Predio |
Ref. catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
3 |
36036A008000990000QO |
As Cambas |
Elia Rodríguez González |
16 de xaneiro de 2025 |
12.00 |
