DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2024 Páx. 65411

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2024 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de Medicina con praza asistencial vencellada.

De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade pola Resolución do 8 de agosto de 2024 (BOE do 20 de agosto), para a provisión da praza número 24/005 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de Medicina, departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas praza asistencial vinculada desta universidade, a favor de Germán Bou Arévalo, con DNI núm. ***4711**, e unha vez que a persoa interesada acreditase os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 50 da Lei 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Germán Bou Arévalo, profesor titular de universidade da área de coñecemento de Medicina, departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente Resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 3 de decembro de 2024

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado