DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2024 Páx. 65829

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión da praza vacante de xefatura de sección da Área de Patoloxía Forense na Subdirección Territorial da Coruña do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), convocado pola Resolución do 28 de outubro de 2024.

Visto o que dispoñen as bases da Resolución do 28 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a concurso específico de méritos a praza vacante de xefatura de sección da Área de Patoloxía Forense na Subdirección Territorial da Coruña do Instituto de Medicina Legal de Galicia (DOG do 7 de novembro), así como o artigo 49 e seguintes do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, no uso das competencias que me atribúe a normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro

Resolver o concurso específico para a provisión da praza vacante de xefatura de sección da Área de Patoloxía Forense na Subdirección Territorial da Coruña, indicada no anexo, e declarar deserto o dito posto.

Segundo

Publicar esta resolución no Boletín Oficial del Estado e mais no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro

Esta resolución pon fin á vía administrativa e poderá ser impugnada potestativamente en reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou poderá ser impugnada directamente, ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, todo isto de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2024

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Posto adxudicado

Adxudicatario/a

Denominación: xefe/a de sección área de patoloxía forense.

Código do posto: XG9251820015001311.04.

Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección territorial da Coruña.

Localidade: A Coruña.

Deserto