DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2024 Páx. 65862

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ACORDO do 27 de novembro de 2024, da Secretaría Xeral para o Deporte, polo que se somete a trámite de audiencia a declaración de interese autonómico (DIA) do proxecto denominado Construción dun centro de alto rendemento denominado Complexo Deportivo Cernadiñas Novas, promovido por esta consellería, aos concellos e administracións afectados.

O 25 de setembro de 2024, o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes acordou, por proposta da Secretaría Xeral para o Deporte, con data do 23 de setembro de 2024, o inicio da tramitación da declaración de interese autonómico do proxecto denominado Construción dun centro de alto rendemento denominado Complexo Deportivo Cernadiñas Novas, no Concello de Pontevedra, en virtude do disposto na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia. A declaración de interese autonómico está regulada nos artigos 41, 42 e 43 da dita lei.

De acordo co artigo 42 da mencionada lei de ordenación do territorio de Galicia, o 26 de setembro de 2024 solicitouse informe da consellería competente en materia de ordenación do territorio sobre a coherencia da proposta de actuación coas determinacións das directrices de ordenación do territorio e dos restantes instrumentos de ordenación do territorio vixentes que afectan o ámbito do proxecto.

O 27 de novembro de 2024 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo (DXOTU) emitiu informe de carácter favorable sobre a declaración do proxecto como de interese autonómico.

De conformidade co disposto no mencionado artigo 42, unha vez obtido o informe da DXOTU darase audiencia, por prazo de 2 meses, aos concellos afectados e demais administracións públicas cuxas funcións puidesen verse afectadas.

A través do enlace indicado máis abaixo, dáselle traslado do anteproxecto de interese autonómico citado no asunto para cumprir co trámite de audiencia.

Enlace: https://amtegabox.xunta.gal/index.php/s/tW4zdRtdt82trEJ

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2024

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte