DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2024 Páx. 65745

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se fai pública a inclusión de varias árbores e formacións no Catálogo galego de árbores senlleiras.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro,

RESOLVO:

Facer pública a inclusión das seguintes árbores e formacións no Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante as seguintes resolucións.

– Resolución do 4 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data da solicitude: 25.3.2024.

Código: 170A.

Nome da árbore: Cerquiño de Santigoso.

Especie: Quercus pyrenaica Willd.

Localidade: Santigoso.

Concello: A Mezquita.

Provincia: Ourense.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89, fuso 29): 662.625/4.652.854.

Motivo da catalogación: porte, dendrometría, idade.

– Resolución do 14 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data da solicitude: 25.3.2024.

Código: 171A.

Nome da árbore: Araucaria do Pazo de Lourizán.

Especie: Araucaria angustifolia (Bertol.) Kuntze.

Localidade: Pazo de Lourizán.

Concello: Pontevedra.

Provincia: Pontevedra.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89, fuso 29): 527.500/4.694.976.

Motivo da catalogación: porte, dendrometría, idade, así como a súa significación histórica, cultural e educativa.

– Resolución do 6 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data da solicitude: 23.7.2024.

Código: 172A.

Nome da árbore: Alcanforeiro do Castelo de Sobroso.

Especie: Cinnamomum camphora (L.) J. Presl.

Localidade: Vilasobroso.

Concello: Mondariz.

Provincia: Pontevedra.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89, fuso 29): 544.680/4.672.887.

Motivo da catalogación: porte, dendrometría, idade, así como a súa significación histórica e o interese estético e paisaxístico.

– Resolución do 18 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data da solicitude: 27.6.2024.

Código: 45F.

Nome da formación: Criptomerias elegantes do Pazo de Rubiáns.

Especie: Cryptomeria japonica (Thunb. ex L.f.) D. Don elegans.

Localidade: Pazo de Rubiáns.

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Provincia: Pontevedra.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89, fuso 29): 521.903/4.714.133.

Motivo da catalogación: porte, dendrometría, idade, así como a súa significación histórica.

– Resolución do 18 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data da solicitude: 27.6.2024.

Código: 46F.

Nome da formación: Calocedros do Pazo de Rubiáns.

Especie: Calocedrus decurrens (Torr.) Florin.

Localidade: Pazo de Rubiáns.

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Provincia: Pontevedra.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89, fuso 29): 521.889/4.714.057.

Motivo da catalogación: porte, dendrometría, idade, así como a súa significación histórica.

– Resolución do 18 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data da solicitude: 27.6.2024.

Código: 47F.

Nome da formación: Camelias do Pazo de Rubiáns.

Especie: Camellia japonica L.

Localidade: Pazo de Rubiáns.

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Provincia: Pontevedra.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89, fuso 29): 521.819/4.714.072.

Motivo da catalogación: porte, idade, así como a súa significación histórica.

– Resolución do 18 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data da solicitude: 27.6.2024.

Código: 48F.

Nome da formación: Magnolios do Pazo de Rubiáns.

Especie: Magnolia grandiflora L.

Localidade: Pazo de Rubiáns.

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Provincia: Pontevedra.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89, fuso 29): 521.826/4.713.987.

Motivo da catalogación: porte, dendrometría, idade, así como a súa significación histórica.

– Resolución do 18 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data da solicitude: 27.6.2024.

Código: 49F.

Nome da formación: Criptomerias xaponesas do Pazo de Rubiáns.

Especie: Cryptomeria japonica (Thunb. ex L.f.) D. Don.

Localidade: Pazo de Rubiáns.

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Provincia: Pontevedra.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89, fuso 29): 521.926/4.714.163.

Motivo da catalogación: porte, dendrometría, idade, así como a súa significación histórica.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2024

María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural