DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2024 Páx. 65867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 29 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo á modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal nos ámbitos de planeamento engadido APE-11 e APE-12, no concello de Curtis (expediente 2024AAE2932).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 28 de novembro de 2024 sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal nos ámbitos de planeamento engadido APE-11 e APE-12, no concello de Curtis.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2024AAE2932).

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2024

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade