DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2024 Páx. 65869

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 22 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Castroverde (expediente 2024/172 ATE).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: LMTA CRG805 de alimentación ao CT 27AS13 Bolano (Castroverde).

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

• Liña aérea de alta tensión, a 20 kV, de 736 m de lonxitude, en condutor de tipo LA-56, coa orixe no apoio núm. 108 da LMTA CORG805 Castroverde e final no centro de transformación CTI Bolaño existente.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con este acordo.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas neste departamento territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70), no prazo de trinta días contado desde o día seguinte ao da última publicación.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía deste Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no concello de Castroverde. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacion-electrica/castroverde2

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160 do 20 de xuño).

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Lugo, 22 de novembro de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de LMTA CRG805 de alimentación ao CT 27AS13 Bolano (Castroverde)

Concello: Castroverde (Lugo).

Expediente: IN407A 2024/172-2.

Nº de predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietario/a

Apoio (nº)

Apoio (m2)

Sup. (m2)

Voo (long.)

Voo

(sup. m2)

4

82

376

Reboleiras

Monte alto

Hdros. de Manuel Eiras Rodríguez

15

170

5

82

377

Reboleiras

Prado

Descoñecido/a

14

203

10

82

168

Vitureiras

Monte alto

Descoñecido/a

34

12

82

165

Lagoa

Monte alto

Descoñecido/a

108/1

1/2

1

55

852

13

82

133

Lagoa

Monte alto

Hdros. de Manuel Eiras Rodríguez

27

427

18

82

130

Lagoa

Monte alto

José Fernández Osorio

94

20

82

135

Lagoa

Monte alto

Hdros. de Amalia Madarro Fernández

18

224

23

82

138

Lagoa

Prado

Hdros. de Aurora Lage Valiño

108/3

1/2

1

25

394

25

82

144

Campa de Riba

Prado

Carolina Palmeiro Ferreiro

35

468

27

82

203

Lagoa

Prado

Magdalena Ferreiro Garrido

108/4

1

2

86

1369

29

82

206

Lg. Bolaño

Prado

Rosa María Ferreiro Garrido

24