DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2024 Páx. 65941

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios Fonte Vella de Baredo

ANUNCIO da convocatoria xeral ordinaria.

América Martínez Álvarez, en nome e representación da Comunidade de Usuarios Fonte Vella de Baredo, convoco a asemblea xeral ordinaria que terá lugar o domingo, 12 de xaneiro de 2025, ás 10.00 horas en primeira convocatoria e ás 10.30 horas en segunda, no Centro Cultural de Baredo, coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2. Informe da presidenta.

3. Aprobación, se procede, de novos enganches.

4. Aprobación, se procede, das contas de 2024.

5. Aprobación, se procede, dos orzamentos para 2025.

6. Rogos e preguntas.

Baredo-Baiona, 3 de novembro de 2024

América Martínez Álvarez
Presidenta da Comunidade de Usuarios Fonte Vella de Baredo