DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2024 Páx. 65857

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 5 de decembro de 2024 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convocan a concurso público dúas prazas de profesorado permanente laboral.

Publicadas as ofertas de emprego público de 2022, pola Resolución do 10 de marzo de 2022 (DOG do 21 de marzo) e a do 2024, publicada por Resolución do 26 de xuño de 2024 (DOG do 9 de xullo).

De conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo (BOE do 23 de marzo), do sistema universitario (LOSU), na Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), da Xunta de Galicia e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro), nas Normas provisionais de adaptación dos procedementos de selección de PDI á LOSU e a súa normativa de desenvolvemento, aprobados nos consellos de goberno do 27.4.2023, 24.10.2023, 20.12.2023 e 5.6.2024, e na Normativa pola que se regula o procedemento para a selección de profesorado contratado doutor, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 30 de abril de 2014, no non regulado expresamente nas Normas provisionais de adaptación, esta reitoría fai público que, mediante a Resolución do 5 de decembro de 2024 convócase un concurso para a provisión das seguintes prazas de profesorado permanente laboral:

– Oferta de emprego público ano 2022: 1 praza reservada para a incorporación de persoal investigador doutor que teña superada a avaliación do Programa de incentivación da incorporación e intensificación da actividade investigadora (I3), ou que obtivese o certificado como investigador/a establecido/a (R3).

– Oferta de emprego público ano 2024: 1 praza.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro electrónico oficial da UDC e na páxina web http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de decembro de 2024

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado