No Boletín Oficial da provincia da Coruña (BOP) núm. 237, do 10 de decembro de 2024, foi publicado o anuncio da resolución pola que se convoca novamente a provisión en propiedade da praza vacante deste concello coas seguintes características:
– 1 (unha) praza vacante de persoal funcionario de carreira da escala de Administración xeral, subescala técnica, grupo A, subgrupo A1 de clasificación.
Sistema selectivo: oposición por quenda libre.
As bases que van rexer a convocatoria foron publicadas integramente no BOP núm. 85, do 5 de maio de 2023, e a súa corrección, no BOP núm. 163, do 26 de agosto de 2024.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Sada, 10 de decembro de 2024
Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde
