DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 17 de decembro de 2024 Páx. 66145

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal licenciado sanitario, convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022, relativos á baremación definitiva e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/das.

Mediante a resolución desta dirección xeral do 26 de decembro de 2022 (DOG núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023) realizouse a convocatoria excepcional do proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso, entre outras, nas categorías de médico/a de admisión e documentación clínica, médico/a coordinador/a do 061, médico/a de urxencias hospitalarias, farmacéutico/a de atención primaria e técnico/a de saúde de atención primaria.

Mediante as resolucións desta dirección xeral do 15 de abril de 2024 (DOG núm. 80, do 23 de abril) e do 11 de xuño de 2024 (DOG núm. 119, do 20 de xuño) publicouse a baremación provisional para as categorías mencionadas. A base oitava da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 26 de decembro de 2022 dispón que, contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

En vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos/ás aspirantes, o tribunal efectuará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas da fase de concurso e a relación de aspirantes seleccionados/as, pola orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso, e elevará esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co anteriormente exposto, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) os acordos dos tribunais relativos ás puntuacións definitivas dos procesos selectivos para o ingreso nas categorías de médico de urxencias hospitalarias, médico/a de admisión e documentación clínica, médico/a coordinador/a do 061, farmacéutico/a de atención primaria e técnico/a de saúde de atención primaria, convocados pola Resolución do 26 de decembro de 2022.

Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos

Coa finalidade de dotar de transparencia o proceso, ao existiren aspirantes empatados, publicarase na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) a información que permitirá verificar a aplicación correcta do criterio de desempate establecido na base 8.1.6 da resolución de convocatoria do proceso.

Segundo. Publicar, como anexo I desta resolución, a relación dos/das aspirantes seleccionados/as neste proceso, segundo a orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso de conformidade co número de prazas convocadas.

Terceiro. Os/as aspirantes seleccionados/as que se relacionan no anexo desta resolución disporán do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que imposibiliten para o exercicio das funcións propias da categoría.

c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e a indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

Esta autorización deberá prestarse no modelo que para o efecto consta na páxina web do Servizo Galego de Saúde, no punto relativo ao emprego público www.sergas.es/emprego público

d) Declaración xurada ou promesa de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma especialidade a que opta.

e) Os/as aspirantes seleccionados/as que accederon pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste prazo, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lle recoñeceu a discapacidade e que foi achegada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

De conformidade coa base 9.2 da Resolución do 26 de decembro de 2022, os/as que, dentro do prazo fixado, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos para participar no proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Cuarto. Só para os efectos de elección de destino, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, os/as aspirantes que superasen o concurso pola quenda reservada a persoas con discapacidade poderán solicitarlle á autoridade convocante, no prazo que se indica no punto terceiro desta resolución, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditadas.

Quinto. A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Sexto. Co obxecto de dotar de axilidade o proceso, en previsión de que algunhas das persoas aspirantes seleccionadas non poidan ser nomeadas en cumprimento da base 9.2 indicada, unha vez finalizado o prazo de presentación de documentación previsto na base anterior, publicarase na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es)/OPE 2022-Lei de estabilización-concurso de méritos unha dilixencia que convoque os/as seguintes aspirantes na orde de prelación de cada categoría, no caso de ser preciso, para a presentación da documentación que se relaciona no punto terceiro desta resolución.

A dita convocatoria, no caso de ser necesaria, cumprirá os requisitos formais e de eficacia que se recollen no título III da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Sétimo. Esta resolución poderá ser impugnada nos termos previstos na base XI da resolución de convocatoria do proceso, do 26 de decembro de 2022.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2024

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Relación de aspirantes seleccionados/as

Farmacéutico/a de atención primaría

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Experiencia profesional

Formación

Docencia, investigación e innovación sanitaria

Coñecemento de galego

Puntuación total

1

***0090**

Riveiro Barciela, Beatriz

LI

28,000

6,570

0,642

5,000

40,212

2

***1137**

Fernández Álvarez, Mercedes

LI

28,000

6,910

0,301

5,000

40,211

3

***9994**

Montáns García, Raquel

LI

28,000

6,760

0,234

5,000

39,994

4

***0821**

Pardo Ponte, Inés

LI

28,000

6,910

0,000

5,000

39,910

Médico/a coordinador/a do 061

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Experiencia profesional

Formación

Docencia, investigación e innovación sanitaria

Coñecemento de galego

Puntuación total

1

***8392**

Rey Rey, María José

LI

28,000

6,600

1,000

5,000

40,600

2

***3250**

Bello Rodríguez, Adriana Ofelia

LI

28,000

6,040

1,000

5,000

40,040

3

***6687**

Rivadulla Barrientos, Paulino

LI

28,000

6,030

1,000

5,000

40,030

4

***5107**

Rodríguez Pedreira, María Jesús

LI

28,000

6,030

1,000

5,000

40,030

5

***4996**

Jorge Pastor, Adán

LI

27,800

6,070

1,000

5,000

39,870

6

***1863**

Candocia Recarey, Alexia

LI

25,200

6,080

1,000

5,000

37,280

7

***6657**

Paz Viña, María Mercedes

LI

23,600

5,812

1,150

5,000

35,562

8

***3498**

Castro Tubio, Eva

LI

22,600

6,110

1,850

5,000

35,560

Médico/a de admisión e documentación clínica

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Experiencia profesional

Formación

Docencia, investigación e innovación sanitaria

Coñecemento de galego

Puntuación total

1

***4960**

Canedo Romero, María Carmen

LI

28,000

6,500

0,000

5,000

39,500

Médico/a de urxencias hospitalarias

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Experiencia profesional

Formación

Docencia, investigación e innovación sanitaria

Coñecemento de galego

Puntuación total

1

***6468**

Vicente Santos, María

DI

1,725

6,210

0,200

0,000

8,135

1

***4679**

Estévez García, Rosa Mary

LI

28,000

6,600

1,400

5,000

41,000

2

***4623**

Vázquez Ferro, María Dolores

LI

28,000

6,030

1,500

5,000

40,530

3

***4170**

Feijoo Borrego, María Isabel

LI

28,000

6,050

1,000

5,000

40,050

4

***8758**

Pérez Fernández, Ana Belén

LI

28,000

6,030

0,865

5,000

39,895

5

***5665**

Lameiro Flores, Paula

LI

28,000

6,000

0,829

5,000

39,829

6

***4798**

Mazaira Pereira, Pilar

LI

28,000

6,750

0,000

5,000

39,750

7

***9199**

Suárez Gago, María del Mar

LI

28,000

6,630

0,000

5,000

39,630

8

***4019**

Ferrández Pérez, Bertina Eugenia

LI

26,600

6,620

1,150

5,000

39,370

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Experiencia profesional

Formación

Docencia, investigación e innovación sanitaria

Coñecemento de galego

Puntuación total

9

***5325**

Cuesta García, José David

LI

28,000

6,000

0,200

5,000

39,200

10

***6087**

Brea Torres, Gustavo

LI

28,000

6,060

0,017

5,000

39,077

11

***3876**

López Blanco, María Cristina

LI

28,000

6,000

0,000

5,000

39,000

12

***0717**

Ginesta Pombo, Vicente

LI

28,000

4,876

1,000

5,000

38,876

13

***8423**

Villar Latorre, Clara

LI

26,600

6,050

0,570

5,000

38,220

14

***3529**

Otero Alfaya, Pedro Antonio

LI

28,000

2,940

1,400

5,000

37,340

15

***5447**

González Álvarez, Roberto Carlos

LI

26,150

6,000

0,000

5,000

37,150

16

***6672**

Rial Mosteiro, Carmen María

LI

23,100

6,080

2,100

5,000

36,280

17

***3512**

González Ferro, Perfecto Antonio

LI

28,000

5,735

0,622

0,000

34,357

18

***9999**

Hernández Ramos, María del Rocío

LI

28,000

6,000

0,100

0,000

34,100

19

***4281**

Iglesias Galiano, Antonia

LI

28,000

6,050

0,000

0,000

34,050

20

***4133**

García Caraballo, Rubén

LI

28,000

6,000

0,000

0,000

34,000

21

***8975**

Villegas Gonzales, Leonor Mercedes

LI

28,000

6,000

0,000

0,000

34,000

22

***3494**

Ladra González, Marta

LI

20,050

6,710

2,000

5,000

33,760

23

***9240**

Otero Martínez, Margarita María

LI

20,600

6,000

2,000

5,000

33,600

24

***0100**

López Curbeira, Yesica

LI

21,200

6,060

1,200

5,000

33,460

25

***3709**

Martínez de la Colina, Esteban

LI

28,000

4,390

0,701

0,000

33,091

26

***7381**

Rodríguez Fernández, Cristina

LI

20,750

6,080

0,005

5,000

31,835

27

***1517**

Pérez Bustamante Hernández, Paloma

LI

23,580

6,030

1,000

0,000

30,610

28

***6948**

Boga Lourido, Lorena

LI

18,200

6,000

1,098

5,000

30,298

29

***7251**

Álvarez-Buylla Falces, Marta

LI

18,200

6,080

0,389

5,000

29,669

30

***0654**

Méndez Rial, Susana

LI

16,650

6,050

1,690

5,000

29,390

31

***0697**

Peleteiro Gómez, Laura

LI

17,200

6,020

1,068

5,000

29,288

Técnico/a de saúde de atención primaria

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Experiencia profesional

Formación

Coñecemento de galego

Puntuación total

1

***0608**

Otero Barros, María Teresa

LI

27,4

12

5

44,4

Acceso: DI: discapacidade xeral; LI: libre.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.