DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 17 de decembro de 2024 Páx. 66183

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se lles notifican a varias persoas interesadas as resolucións de exclusión de parcelas da zona de concentración parcelaria de Noceda-Bendoiro-Anzo-Madriñán-Busto (Lalín).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser descoñecido o domicilio, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da oficina do Servizo de Infraestruturas Agrarias en Lalín (rúa Polideportivo nº 1, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Pontevedra, 2 de decembro de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº Titular

Interesado

Acto que se notifica

213

72428657R

Resolución de exclusión de parcelas

375

05404663P

Resolución de exclusión de parcelas

377

76784048C

Resolución de exclusión de parcelas

1406-1

70409130N

Resolución de exclusión de parcelas