No Diario Oficial de Galicia núm. 238, do 11 de decembro de 2024, publicouse por erro a Resolución do 11 de novembro de 2024 pola que se aproba unha modificación do prego de condicións da denominación de orixe Valdeorras e pola que se lle dá publicidade. A devandita resolución xa se publicou no DOG núm. 222, do 18 de novembro de 2024.
En consecuencia, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Deixar sen efecto a publicación que se fixo no DOG do día 11 de decembro de 2024 da Resolución do 11 de novembro de 2024 pola que se aproba unha modificación do prego de condicións da denominación de orixe Valdeorras e pola que se lle dá publicidade, por ter sido xa publicada con anterioridade a dita resolución no DOG núm. 222, do 18 de novembro de 2024.
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2024
Martín Alemparte Vidal
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria
