Mediante a Resolución do 14 de xuño de 2021 (DOG do 25 de xuño), fíxose pública a composición dos consellos sociais do Sistema universitario de Galicia.
A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o consello social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.
O artigo 77.2 da citada Lei 6/2013 establece que son membros natos do consello social o/a reitor/a da universidade, o/a secretario/a xeral e o ou a xerente da universidade. Así mesmo, serán membros un profesor ou unha profesora, un ou unha estudante e un ou unha representante do persoal de Administración de servizos, elixidos/as polo consello de goberno das universidades. A duración do mandato dos membros do consello social sinalados neste punto será establecida polos estatutos da universidade.
O Consello Social da Universidade da Coruña comunicou á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que o Consello de Goberno da dita universidade, na sesión do 7 de novembro de 2024, acordou aprobar a designación de Valeria Oliva Cousillas Carrera como representante do estudantado no consello social, en substitución de Gema Castro Andrade, que causa baixa pola extinción da súa relación coa Universidade da Coruña.
A persoa designada, en cumprimento do artigo 78 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, xunta declaración xurada de compatibilidade na súa condición de persoa membro.
O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de membros do consello social lle serán comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.
A condición de persoa membro do consello social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desa data.
Por todo iso,
DISPOÑO:
Artigo único
Nomear a Valeria Oliva Cousillas Carrera como representante do estudantado no Consello Social da Universidade da Coruña, en substitución de Gema Castro Andrade.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2024
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
