Ao abeiro do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, tentada a notificación do requirimento de emenda da solicitude, ditado no procedemento no último enderezo coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselle a través deste anuncio o dito requirimento á persoa citada no anexo, que é emprazada para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, compareza en persoa ou debidamente representada nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense (rúa Sáenz Díez, nº 33, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o contido íntegro do referido acto. Transcorrido o dito prazo, de non o facer, considerarase efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírteselle que, transcorrido o prazo que se indique no requirimento, contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia sen ter realizado a emenda, se considerará que desistiu da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos nos artigos 21 e 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Ourense, 8 de novembro de 2024
Santiago Álvarez González
Director territorial de Ourense
ANEXO
Procedemento BS626F
|
Nº de expediente |
Persoa interesada |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
32085/0013/24-R |
X5474547H |
Requerimento de emenda da solicitude |
16.9.2024 |
