DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 17 de decembro de 2024 Páx. 66059

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 18 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica e a súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT403B).

BDNS (Identif.): 80161.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) y 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas, así como as sociedades civís e comunidades de bens –ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia–, así como as unións temporais de empresas, que teñan social ou estatutariamente como obxecto ou fin social o desenvolvemento de actividades escénicas que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia e estean dadas de alta nas epígrafes 965 da sección de actividades empresariais ou as agrupacións incluídas na división 01: áreas de teatro e circo ou división 02: área de danza da sección 3 de actividades artísticas e cumpran cos requisitos establecidos nestas bases.

Segundo. Finalidade

Determinar as condicións de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións establecidas pola Agadic para contribuír á promoción da creatividade escénica, no marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2025.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 18 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica e a súa convocatoria para o ano 2025.

Cuarto. Importe

O crédito destinado ao financiamento da subvención será de 870.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 13.A1.432B.770.0 do orzamento de gastos da Agadic, código de proxecto 2010-00005, distribuído entre as anualidades 2025, 2026 e 2027 segundo a seguinte distribución:

Ano 2025:

217.500,00 €

Ano 2026:

502.500,00 €

Ano 2027:

150.000,00 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2024

José Carlos López Campos
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais