Mediante a Resolución da Dirección Xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A., do 29 de decembro de 2022, anunciada no DOG núm. 248, do 30 de decembro, convocouse o proceso selectivo excepcional de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre para o ingreso como persoal laboral fixo en diversas categorías da Corporación.
Mediante a Resolución da Dirección Xeral, do 11 de decembro de 2024, desígnanse como persoal laboral fixo para a formalización do correspondente contrato as persoas que superaron o proceso de selección e acreditaron estar en posesión dos requisitos necesarios. A resolución está publicada na páxina web da Corporación (https://www.crtvg.es/).
Coa publicación da citada Resolución do 11 de decembro de 2024 dáse por concluído o proceso selectivo excepcional de estabilización convocado pola Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2024
Alfonso Sánchez Izquierdo
Director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.
