DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 17 de decembro de 2024 Páx. 66203

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO da oferta de emprego público do ano 2024.

Por acordo da Xunta de Goberno Local de data do 13.11.2024 ditouse o seguinte acordo en relación á oferta de emprego público do ano 2024 do Concello de Guitiriz:

Aprobar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2024 que contén os seguintes postos de traballo de persoal que deberá convocarse no prazo máximo de 3 anos:

Oferta ordinaria:

Persoal laboral fixo:

Denominación

Nº vacantes

Códigos

Acceso

Sistema selección

Peón de brigada verde ficha 24

2

77 e 78

Libre

Concurso-oposición\Oposición libre

Persoal funcionario:

Denominación

Nº vacantes

Código

Acceso

Sistema selección

Administrativo/ficha 7

1

7

Libre

Concurso-oposición\Oposición libre

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación ante o mesmo órgano que a ditou conforme ao establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación, de acordo co artigo 8.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro que xulgue procedente.

Guitiriz, 18 de novembro de 2024

María Sol Morandeira Morandeira
Alcaldesa