DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 17 de decembro de 2024 Páx. 66153

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 20 de novembro de 2024 pola que se publica o acordo sobre a execución dos procesos de selección e provisión, ao abeiro da normativa de estabilización, convocados en decembro de 2022.

Advertido erro na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 230, do 28 de novembro de 2024, resulta necesario corrixilo de acordo co artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de xeito que:

Na páxina 62420, no punto segundo, onde di: «Fixar como data de efectos do acordo a data da súa sinatura», debe dicir: «Fixar como data de efectos do acordo o 22 de maio de 2023».