María Carreira Casanova, con DNI 34137886K, nada en Bóveda (Lugo) o 21 de xuño de 1912, faleceu o 13 de febreiro de 2018 no mesmo lugar, con derradeiro domicilio, segundo o padrón municipal de habitantes, na avenida Alfonso XIII, datos que figuran comprobados xunto co da súa veciñanza civil galega, no informe preliminar, do 2 de decembro de 2024, do Servizo de Protección e Defensa Patrimonial da Subdirección Xeral do Patrimonio. O devandito informe foi emitido logo da realización das actuacións previas que levan a considerar procedente a apertura do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato da sinalada persoa causante, pola presunta ausencia doutros herdeiros con dereito a suceder preferente ao da Administración autonómica, de conformidade co disposto na Lei 2/2006, de dereito civil de Galicia.
Segundo o anterior, en exercicio das competencias atribuídas á Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio no artigo 4 da Lei 6/2023, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e no seu título III, así como nos artigos 14 e 16 do Decreto 141/2024 polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública,
RESOLVO:
1º. Incoar o procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de María Carreira Casanova.
2º. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, Área Temática de Patrimonio, Anuncios, que se poderá consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios
3º. Remitir copia da presente resolución ao Concello de Bóveda, así como a calquera outro en que durante a instrución deste procedemento se detecten bens da persoa causante, para a súa exposición pública no seu taboleiro de anuncios, por prazo non inferior a trinta días naturais.
O prazo máximo ordinario para resolver este procedemento é dun ano contado desde a data de adopción da presente resolución.
Con anterioridade á resolución do procedemento, calquera persoa interesada poderá presentar alegacións ou achegar os documentos e outros elementos de xuízo que considere oportunos, que se dirixirán á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, Subdirección Xeral do Patrimonio, código expediente ABI/2018/0029, rúa Pastoriza, nº 8, 15781 Santiago de Compostela.
Conforme o previsto no artigo 112.1, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contra a presente resolución non se poderá interpor recurso administrativo, sen prexuízo de que as alegacións de oposición que se presenten a este acto de trámite sexan obxecto de consideración, se procede, na resolución que poña fin ao procedemento.
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2024
José María Barreiro Díaz
Director xeral de Simplificación
Administrativa e do Patrimonio
