DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 18 de decembro de 2024 Páx. 66305

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, e no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, pola que se modifica a Resolución do 9 de decembro de 2024 pola que se fixo pública a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o acceso a determinados corpos, escalas e especialidades.

Mediante a Resolución do 9 de decembro de 2024 (DOG núm. 237, do 10 de decembro), o tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, fixo pública a lista de aprobados do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica auxiliar de informática.

Segundo a certificación do 21 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, increméntase nunha (1) praza adicional o número de prazas convocadas no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica auxiliar de informática. Polo tanto, este tribunal, na súa sesión do 11 de decembro de 2024,

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública novamente a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso ao corpo administrativo, escala técnica auxiliar de informática, que modifica a publicada pola Resolución deste tribunal do 9 de decembro de 2024 (DOG núm. 237, do 10 de decembro), incluíndo unha nova persoa aspirante.

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa aspirante que se incorpora nesta lista respecto da publicada no Diario Oficial de Galicia o día 10 de decembro de 2024 disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Segundo. Elevar a devandita relación de aspirantes á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.

Terceiro. De acordo co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2024

Concepción Moares Domínguez
Presidenta do tribunal