No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 219, do 13.11.2024, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria para prover, pola quenda de promoción interna e mediante persoal funcionario de carreira, dunha praza de conserxe, encadrada na escala da Administración xeral/Administración especial, subescala subalterna/de servizos especiais, clase persoal de oficios, por concurso-oposición.
A presentación de solicitudes farase no prazo de vinte (20) días naturais, a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOE.
Fene, 13 de novembro de 2024
Juventino José Trigo Rey
Alcalde
