En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Comunidade de Usuarios de Nores.
Expediente: DH.A36.103764.
Volume total anual: 14.591,70 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,47 l/s.
Destino: abastecemento.
Orixe: catro (4) mananciais, M1 a M4, e dous (2) pozos, P1 e P2:
M1 a M3 na parcela 901, polígono 57.
M4 na parcela 831, polígono 69.
P1 e P2 na parcela 415, polígono 57.
Todas do catastro de Vilaboa.
Lugar: Nores.
Parroquia: Cobres.
Concello: Vilaboa.
Descrición:
A auga de M1 a M4 reúnese para conducila a depósito na parcela 409, polígono 57. Desde este pasa a depósito na parcela 415, polígono 57, do que parte unha rede de distribución a vivendas que abastece a Comunidade. Preténdese construír dous pozos na parcela 415, polígono 57, e bombear auga a depósito cando sexa precisa.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2-4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 15 de outubro de 2024
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
