De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), propietarios da zona de concentración parcelaria de Gonzar II (O Pino) que figuran no anexo, para ser notificados por comparecencia dunha resolución que modifica as bases definitivas de concentración da zona.
Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 4 de decembro de 2024
María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Gonzar II (O Pino-A Coruña)
|
DNI/Nombre |
Nº prop. |
Acto notificado |
|
33268919V |
532 |
RDX 18.10.24 |
|
33189504K |
374 |
RDX 18.10.24 |
