DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2024 Páx. 66590

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de decembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan os propietarios da zona de concentración parcelaria de Grixalba (Sobrado, A Coruña) para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), propietarios da zona de concentración parcelaria de Grixalba (Sobrado-A Coruña), que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestructuras Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 4 de decembro de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Grixalba (Sobrado-A Coruña)

DNI/nome

Nº prop.

Acto notificado

76498654X

1045

RDX 01.10.24

14949038G

1045

RDX 01.10.24

32873257R

1045

RDX 01.10.24