DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2024 Páx. 66598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2024 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea T.P. I.

Antecedentes:

1. O día 28 de novembro de 2024, José Manuel Muñiz Lampón solicitou autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea T.P. I.

2. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a súa tramitación.

3. Con data 5 de decembro de 2024, a Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica emitiu informe favorable sobre a transmisión.

Consideracións legais e técnicas:

1. A competencia para ditar esta resolución correspóndelle ao conselleiro do Mar, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

En virtude da Orde do 21 de febreiro de 2022, de delegación de competencias, delégase a competencia de resolver nas persoas titulares dos departamentos territoriais da Consellería do Mar.

2. O procedemento tramitouse de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión inter vivos da concesión administrativa do seguinte viveiro:

Tipo: batea.

Nome: T.P. I.

Situación:

Cuadrícula nº: 81.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 24.12.1963.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: José Manuel Muñiz Lampón (***1662**).

Novos titulares: José Francisco Muñiz Argibay (***6714**) (50% ganancial) e Ana Isabel Pérez Calvo (***3768**) (50% ganancial).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O actual titular deberá presentar, no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Xustificante da liquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (carta de pagamento ou comprobante da súa presentación).

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, esta autorización quedará sen efecto, logo de resolución ditada pola persoa titular da Consellería.

Terceira. Os novos titulares da concesión administrativa e da batea quedan subrogados nos dereitos e obrigas do anterior titular desde o momento de formalización da transmisión inter vivos en escritura pública e, especialmente, subróganse en todas as obrigas contraídas polo transmitente en relación coa axuda do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) que lle foi concedida ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2019 (expediente PE205F 2020/006-1) en concepto de subvencións no ámbito da acuicultura por importe de 28.308,00 euros. Igualmente, os novos titulares comprométense a non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

A Coruña, 13 de decembro de 2024

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña