Na sesión que tivo lugar o 18 de decembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG número 108, do 5 de xuño), modificada pola Resolución do 7 de xuño de 2024 (DOG número 114, do 13 de xuño), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG número 26, do 7 de febreiro; corrección de erros no DOG número 64, do 31 de marzo, e no DOG número 87, do 8 de maio),
RESOLVE:
Primeiro. Facer pública a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, nos corpos, escalas e especialidades do subgrupo C2 que se relacionan no anexo desta resolución, por orde das puntuacións obtidas no concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
A relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1. da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
Segundo. Elevar a devandita relación de persoas aspirantes á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.
De acordo co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego e administració de persoal, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2024
Javier Fraga Vázquez
Presidente do tribunal
ANEXO
Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo C2 en que se publica a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo
|
Corpo de auxiliares de carácter técnico |
|
Escala auxiliar de recursos naturais e forestais. Especialidade oficial. |
