DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2024 Páx. 66567

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS ROS805, CTC e instalación RC, no concello de Oia, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2023/497-4).

A instalación denominada LMTS ROS805, CTC e instalación RC foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 21 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 20 de marzo de 2025, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Oia.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lles comunicarán a data e a hora en que se deberán presentar nos seus predios, e infórmase de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 22 de novembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

ml sub.

m2 sub.

1

36036A015001970000QO

Gendes

Descoñecido

1

1,44

4,53

12,62

2

36036A016000340000QY

Os Piñales

Descoñecido

CT

18,945

4,05

16,61