No Diario Oficial de Galicia do 12 de xaneiro de 2023 publicouse o Anuncio do 11 de xaneiro de 2023 polo que se modifica o Anuncio do 28 de decembro de 2022, publicado o 29 de decembro de 2022, polo que se convoca o proceso selectivo para a cobertura, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, dunha praza de persoal laboral de técnico superior, licenciado en Ciencias Económicas (categoría 004 do grupo I), con destino na Xerencia da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.
O prazo de presentación de solicitudes, de 20 días hábiles, iniciouse o 16 de xaneiro de 2023, ás 00.00 horas, e rematou o 10 de febreiro de 2023, ás 23.59 horas. Transcorrido este prazo, de acordo coa prescrición do artigo 7 das bases, o día 1 de marzo de 2023 publicouse a lista provisional de admitidos e excluídos, e abriuse un prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación, para a presentación de emendas. Rematado o prazo outorgado sen constar ningunha emenda, o 4 de xuño de 2024 publicouse a Resolución do 27 de maio de 2024 pola que aproba a lista definitiva de persoas admitidas.
O 4 de xuño de 2024 publicouse a Resolución do 27 de maio de 2024, da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, pola que se nomea o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización, pola quenda de acceso libre mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na praza de persoal laboral fixo de técnico/a I licenciado en Ciencias Económicas (categoría 004 do grupo I) adscrita á Axencia Galega da Calidade Alimentaria, referenciada no anexo II do Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. O tribunal foi modificado, pola renuncia dun vogal, pola Resolución do 4 de xullo de 2024 e publicada o día 10 de xullo de 2024.
O 31 de outubro de 2024, a presidencia do tribunal asina a resolución pola que se comunican as puntuacións definitivas da fase de concurso, se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo e se propón o nomeamento como persoal laboral fixo do grupo I, categoría 004, da única persoa que superou o proceso selectivo.
Por todo o exposto, o director da Axencia, no exercicio das competencias previstas no artigo 19 do Decreto 52/2018 polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos,
RESOLVE:
Primeiro. Puntuación definitiva
Publicar as puntuacións definitivas do concurso-oposición e a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para ocupar o posto de persoal laboral fixo da Axencia Galega da Calidade Alimentaria na praza de técnico/a I licenciado/a en Ciencias Económicas (categoría 004 do grupo I), adscrita á Xerencia da Axencia (Santiago de Compostela), que se recollen no anexo.
Segundo. Nomeamento
Nomear a Fernando Castro Lodeiro, DNI ***269***, como persoal laboral fixo da Axencia Galega da Calidade Alimentaria na praza de técnico/a I licenciado en Ciencias Económicas (categoría 004 do grupo I), adscrita á xerencia da Axencia (Santiago de Compostela).
Terceiro. Entrada en vigor
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. Impugnación
Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, perante o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, nos termos previstos nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, perante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2024
Martín Alemparte Vidal
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria
ANEXO
Puntuacións definitivas da fase de concurso
|
Apelidos e nome |
DNI |
Experiencia |
Formación |
Galego |
Total |
|
Castro Lodeiro, Fernando |
***269*** |
30 |
7,5 |
2,5 |
40 |
Relación de aspirantes que superaron o proceso
|
Núm. orde |
DNI |
Apelidos e nome |
Exame |
Concurso |
Total |
|
1 |
***269*** |
Castro Lodeiro, Fernando |
Apto |
40 |
40 |
