DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2024 Páx. 67090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 5 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMTS VAR804A e CT Cea.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS VAR804A e CT Cea, dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Os interesados poderán presentar, no prazo de vinte (20) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración na que concrete o valor da indemnización que considere que lle corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.

Vigo, 5 de decembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/484-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS VAR804A e CT Cea.

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Predio

Referencia catastral

Titular

1

36060A021000370000GJ

José Dorrío Lago