A instalación denominada LMT, CT Covás foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 28 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, e ten a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.
Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 25 de marzo de 2025, a partir das 13.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Lalín.
Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, e infórmanse de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.
Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 28 de novembro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Nº |
Referencia catastral |
Lugar |
Titular |
Nº apoio |
m2 solo |
ml aérea |
m2 aérea |
|
1 |
36024A082000020000AF |
Horta da Veiga |
Manuel Blanco González |
1+CT |
3 |
5 |
23,18 |
|
2 |
36024A082000060000AR |
Val Damedo |
Manuel Blanco González |
CT |
1 |
1 |
32,14 |
